Perla de Arousa participa na Feira Pequerrechos 2016

O vinderio 12 e 13 de novembro celebrarase en Fexdega a primeira edición da “Feira Pequerrechos 2016”. A escola Perla de Arousa será partícipe do evento e encantaríanos que nos acompañarades.

Ademáis dun stand permanente a escola fará as seguintes intervencións no escenario:

Sábado 12 de novembro

12:00 Masterclass de Zumba Kids. Calquer neno de entre 4 e 12 anos, sexa ou non alumno da escola poderá pasalo pipa da man da nosa profe Rita García.

12:30 Clase de bailes de salón. Saborea o ben que o podes pasar nunha clase desta disciplina (para adultos e nenos maiores)

19:00 Actuación do Ballet Perla de Arousa e clase de presentación de ballet clásico de  alumnos da escola.

Domingo 13 de novembro

12:00 Masterclass de Zumba Kids. Calquer neno de entre 4 e 12 anos, sexa ou non alumno da escola poderá pasalo pipa da man da nosa profe Rita García.

12:30 Clase de bailes de salón. Saborea o ben que o podes pasar nunha clase desta disciplina (para adultos ou nenos maiores)

19:00 Actuación do Ballet Perla de Arousa e clase de presentación de ballet de alumnos da escola.

Non deixedes de pasarvos polo noso stand! Descubriredes un pedaciño do asombroso mundo da danza, e as vosas pequenas terán a oportunidade de sacar unha foto no noso photocall vestidas de bailarinas cun tutú de ballet!

Entrada ó recinto: 2.5€ (gratuita para nenos menores de 12 anos)