Festa da Música 2018!

Outro ano máis chega o verán e Vilagarcía vístese de música para celebralo.

Perla de Arousa por cuarto ano consecutivo participará neste evento que xa é unha tradición local. Este ano estaremos na Praza de Galicia entre as 21.00 e as 21.30 horas:

21.00 Clase aberta de bailes latinos a cargo da profesora da escola Rita García.

21.20 Danza galega

21.30 Mostra de Zumba Kids seguido da masterclass de Zumba Fitness con Rita García.

Esperámosvos!