Festa da Música 2016

Un ano máis celébrase en Vilagarcía a «Festa da Música» e Perla de Arousa volverá a poñer o seu gran de area neste día de celebración. A cita terá lugar o vindeiro 21 de xuño, onde diferentes agrupacións artísticas da bisbarra encherán as rúas da vila de música e danza.

Este ano, teremos a tres grupos da escola bailando na Praza de Galicia:

  • Ó redor das 7 da tarde o grupo das pequenas de DANZA CLÁSICA.
  • Ó redor das 8:30 o grupo de BAILES DE SALÓN.
  • Ó redor das 8:45 unha pequena mostra de BALLET GALEGO a cargo das máis veteranas da escola.

Esperámosvos!