Perla de Arousa colabora co programa Aquí Galicia da TVG

O sábado 19 de maio, os grupos de danza galega e de bailes de salón, subíronse ó escenario do “Aquí Galicia” para facer unha pequena mostra do seu traballo. A TVG achegouse a Vilagarcía para ver como transcurrían as festas da patroa. O programa foi gravado en directo. Que experiencia máis estupenda!