Perla de Arousa no XXXVI Festival de Folclore de Ponte de Lima

O Ballet Perla de Arousa vaise de excursión a Portugal!

O vindeiro domingo 12 de xuño, o grupo das maiores da escola viaxará ata Ponte de Lima para participar no “XXXVI Festival de Folclore do Grupo Cultural e Recreativo de Danças e Cantares de Ponte de Lima”.

Acompañados do Grupo de gaitas Garandoiro, deixaremos en terras lusas un pedaciño da nosa cultura en forma de música e danza.