Workshop de iniciación ó Ballet Clásico para adultos
Taller de 1 hora e media de duración no cal os alumnos terán a oportunidade de experimentar que é unha clase de ballet.
Este workshop está diseñado para persoas que non saben nada da disciplina pero que queren probar o que se sinte o meterse nunha aula de danza clásica.
Ademáis de explicar os principios básicos da técnica, faremos exercicios na barra, no centro e diagonais. O taller finalizará cunha secuencia de estiramentos.
Venres 29 de novembro de 20.30 a 22.00 horas.
Imparte Iria Rey (profesora rexistrada da Royal Academy of Dance)
Prezo 15€
Información para inscricións:
tel. 629 8421 144
info@peraldearousa.gal