Ioga
AULAS POLA MAÑÁ
Martes e/ou xoves ás 10.00
Venres ás 10.30 (so para persoas maiores ou con dificultade de mobilidade)
(1 hora e 15 min de clase)
AULAS POLA TARDE
Martes e/ou xoves ás 19.30 e 21.00
Venres ás 19.00
(1 hora e 15 min de clase)
O hatha ioga é unha práctica que conecta corpo, respiración e mente. Nela empregamos posturas físicas, exercicios de respiración e meditación para mellorar a nosa saúde. Aporta infinidade de beneficios ó practicante, por exemplo: aumento da capacidade pulmonar e reducción do estrés e ansiedade, o que nos conduce a un maior benestar. Tamén aumenta á flexibiliade e fortalecemento dos músculos.
A práctica consiste en levar a cabo de posturas (ásanas), control da respiración (pranayamas) e meditación, estando así presente no corpo a través do movemento.
O ioga é para todos, independientemente da idade ou da condición física!
«Grupos 10 persoas máximo«
Ballet Galego
ADULTOS: MARTES ÁS 21.00
NENOS: VERNES ÁS 16.15
Partindo do legado do extinto Ballet Galego Rey de Viana, xuntamos o noso baile tradicional coa técnica clásica do ballet para ofrecer unha expresión única do folclore galego onde as lendas e tradicións se converten en movemento.
Os alumnos mais veteranos da escola conforman o Ballet Perla de Arousa que a día de hoxe conta cunha enorme traxectoria nacional (Madrid, Tenerife, Toledo, Ceuta…) e internacional (Nova York, Portugal, Francia…), e con recoñecementos coma o Premio César Dios “Diosiño” (Premio Cultural da Deputación de Pontevedra, 2009).
Como amantes da nosa cultura, Perla de Arousa segue a esparexer o carácter galego en forma de danzas cheas de cor e vida.