CAPOEIRA!

Da man de Daniel Barcala chega a capoeira á escola! Esta expresión popular da cultura afro-brasileira engloba aspectos da loita, danza, música e historia, entre outros.

Con esta disciplina mellorarás o teu equilibrio, coordinación, control e consciencia corporal, forza, reflexos… pero tamén aspectos a nivel psicolóxico e emocional como a autoconfianza, seguridade, disciplina, integración social, respeto, liberdade, autonomía, sacrificio e cooperación.

A que agardas?

Nenos (3-5 anos). Aulas luns de 17.00 a 18.00 e/ou mércores de 16.30 a 17.30.

Nenos (6-12 anos). Aulas luns de 19.00 a 20.00 e/ou mércores de 18.00 a 19.00.

Adultos. Aulas luns e/ou mércores de 21.00 a 22.30