Celebración do «día do pai» cunha clase especial PAI-FILLA!

Este ano 2017 a escola vai axudar a celebrar ese vínculo único e tan bonito que só pode existir entre un pai e a súa filla. Para iso imos facer unha CLASE CONXUNTA PAI-FILLA o sábado 18 de marzo pola tarde.

Toca deixar atrás a vergoña e vir pasar un rato agradable en familia. Tras a aula de danza, haberá un pequeno piscolabis para celebrar todos xuntos o reto superado.