O Equipo

Iria R. Viqueira
Profesora de Ballet Clásico, Ballet Galego e Pilates.
Iria formouse na danza clásica a través da escola inglesa da Royal Academy of Dance. En 2012 termina os seus estudos como mestra da ballet clásico (Certificate in Ballet Teaching Studies). Con experiencia docente dende o 2008, Iria emprende a súa andadura en terras arousás en 2014 ao facerse cargo da escola Perla de Arousa. No ámbito do pilates, Iria é a única instrutora certificada en toda Galicia que pertence a Body Control, a maior organización profesional de pilates en Europa. Acadou a súa titulación en Londres (2014), lugar ao que segue indo de forma asidua para aumentar os seus coñecementos na materia. Iria tamén é instrutora segundo a Federación Española de Pilates (2010). Amais de ballet clásico e pilates, ao longo da súa carreira sumerxiuse noutros ámbitos da danza como o folclore galego, o contemporáneo ou moderno.
Daniel Barcala comezou no mundo da capoeira no ano 2006 acadando no 2016 a segunda corda de graduado (azul e verde). Actualmente forma parte da Escola Massapê Capoeira do Mestre Feijão. Ó longo destes anos completou a súa formación con mestres da talla de João Grande, Tucano Preto, Jelón, Sabiá ou Barrão. Con experiencia docente desde o 2010, Dani non deixa de transmitir a súa paixón por esta expresión popular da cultura afro-brasileira.

Daniel Barcala
A nosa Historia
Perla de Arousa foi fundada en 1988 por Elena Parada. Esta exbailarina do Ballet Galego Rey de Viana dedicou décadas da súa vida a transmitir na zona da Arousa, a beleza do ballet clásico e a tradicionalidade do folclore galego.
Foi en setembro de 2014 cando Iria Rey, recén chegada de Londres, decide coller o relevo da dirección da escola e comezar a achegar o seu gran de area para seguir enchendo a vila de arte. Consolídanse deste xeito moitos anos de bagaxe para a nova directora, na escola na que comezou na súa Vilagarcía natal.
Partindo da danza clásica e continuando co legado do ballet galego, Iria decide introducir novas modalidades como o Pilates, facendo así de Perla de Arousa a única escola en Galicia que emprega a metodoloxía inglesa Body Control.