Fitball en Pilates!
Chega a fitball á escola. Que nos van a aportar estas enormes pelotas?
- A pelota axuda a mellorar a mobilidade da columna xa que facilita o traballo vertebra a vértebra propio do pilates.
- A fitball aumenta, e noutros casos diminue a dificultade dos exercicios de pilates.
- A inestable natureza da pelota ca súa reducida base de soporte, fai que traballemos os nosos músculos mais profundos encargados da nosa estabilidade. Desta foma aumentamos o equilibrio e o control do noso corpo. Isto da lugar a un aumento da propiocepción.
- Ca pelota traballamos dende unha superficie elevada, o que proporciona un maior rango de movemento para as nosas articulacións, polo que obtemos un traballo mais completo das mesmas.
- Fitball=diversión