Foam Roller en Pilates!

Temos o gusto de introducir na escola o Foam Roller (rolo de espuma). Este gran descoñecido aportará un sinfín de beneficios aos nosos pilateiros.

Vexamos algunhas características deste cilíndrico aparello:

  • O Roller axúdanos a liberar tensión da nosa columna e mellora a mobilidade da mesma.
  • Aumenta, e noutros casos diminue a dificultade dos exercicios de pilates.
  • A inestable natureza do Roller ca súa reducida base de soporte, fai que traballemos os nosos músculos mais profundos encargados da nosa estabilidade. Desta foma aumentamos o equilibrio e o control do noso corpo. Isto da lugar a un aumento da propiocepción.
  • A elevación das extremidades ou o torso por traballar enriba do Roller, proporciona un maior rango de movemento para as nosas articulacións, polo que obtemos un traballo mais completo das mesmas.
  • O Roller axúdanos a manter a aliñación correcta xa que ofrece un punto de referencia dende o cal moverse.
  • O Roller tamén ofrece beneficios terapéuticos xa que pode ser usado para facilitar a liberación miofascial.