Gala benéfica de Danza «Felinidade»
O vindeiro sábado 3 de novembro Perla de Arousa fará unha gala de danza no Auditorio da Illa de Arousa co fin de recaudar fondos destinados á protección e control da poboación felina da Illa de Arousa.
Esta iniciativa da Concellería de Medio Ambiente do Concello de A Illa de Arousa en colaboración ca escola Perla de Arousa, pretende levar a cabo coa axuda de Voluntarios e unha Protectora de Animais, a aplicación dun proxecto que consiste na localización destes animais para a súa identificación, esterilización, control sanitario e liberación no mesmo entorno (Protocolo CES). Tamén se promovería a adopción dos gatiños máis dóciles.
O obxetivo desta gala é o de dar a coñecer o proxecto e recaudar fondos para poder facerse cargo dos gastos derivados das intervencións veterinarias, así como dos costes da compra de material que sexa necesario e de campañas de sensibilización.
Perla de Arousa porá no escenario a bailaríns de danza clásica, danza galega e bailes de salón que encherán o escenario de colorido, música e movemento.
Lugar – Auditorio de A Illa de Arousa
Hora- 19.00 horas.
Prezo – 5€
Lugar de venda das entradas:
- Escola de danza Perla de Arousa (Vilagarcía)
- Gradisela Arousa (A Illa)
- Bar O Museo (A Illa)
- Admon. de loterías San Xulián (A Illa)
(O propio día no auditorio a partir das 18.30)