Que ocorre se buscas «pilates para embarazadas» en google?

Cando buscas «pilates para embarazadas» en google, aparecen imaxes coma estas. Os exercicios que están levando a cabo estas mulleres, non é que non sexan beneficiosos durante o embarazo, se non que poden ser prexudiciais.

A partir da semana 16 de embarazo, non se debe traballar tumbada cara arriba. Existe o «síndrome hipotensivo supino» no cal o peso do útero pode comprimir a vena cava da nai e restrinxir o fluxo do sangue ó corazón.

Ademáis en calquera destas fotos, o esforzo abdominal que ten que facer a nai para levar a cabo os exercios é enorme. O embarazo non é momento de poñer baixo tanta presión a estes músculos. No embarazo os abdominais inevitablemente se estiran e separan a medida que a barriga crece. Sobre-exercitalos fai que a posición separada (diástasis do recto abdominal) se consolide. Isto desemboca finalmente nunha área abdominal débil e pode dar lugar a hernias.

Sinalar tamén que durante os 12 meses despois do parto, o recto abdominal segue estando debilitado, polo que tamén hai que ter moito coidado en como se reanuda o exercicio físico tras dar a luz.

Hai que meterse en mans profesionais para coidar o corpo, e máis en momentos tan delicados como o embarazo e o postparto. Anotarse a clases de que non ten unha formación específica, pode ter consecuencias que quen as sofre es ti.

Temos que ACOSTUMARNOS A PREGUNTAR que formación ten a persoa á que lle confiamos o coidado do noso corpo.