Protocolo Covid-19
– Uso obrigatorio de máscara para tódolos alumnos a partir dos 6 anos, e recomendado para os menores de 6 anos.
– Desinfección do calzado na entrada. Hai un felpudo virucida na entrada para desinfectar os zapatos.
– Lavado obrigatorio de mans na entrada da escola e na saída da aula.
– Prohibida a entrada a calquera persoa que non sexa alumno. Os pais dos alumnos de danza non poderán entrar na escola, a excepción do grupo de ballet babyclass no cal poderá acceder un adulto por neno para axudarlle no vestiario.
– Rógase ós alumnos que cheguen puntuais á escola (non máis de 5 minutos antes) e que veñan o máis cambiados de casa posible para minimizar o tempo de estancia nos vestiarios.
– Os horarios están reaxustados para que un grupo que sae non se cruce co grupo que entra. Sede áxiles nos cambios de clase, por favor!
– Desinfección e ventilación da aula entre clase e clase.
– Para a desinfección de superficies e materiais dispoñemos dun aerosol virucida que é dos autorizados polo Ministerio de Sanidade e rexistrado en España. Está demostrada a súa eficacia frente a virus atendendo á norma UNE-EN 14476.
– Altamente recomendada a domiciliación das cuotas para evitar o intercambio de cartos e a aglomeración de xente á principios de mes.
Fagámolo ben entre todos!