Revisión podolóxica gratuita para os alumnos da escola!

O vindeiro luns 21 de maio estarán na escola os podólogos Iria Somoza e Isidoro Buceta, da Policlínica Patricio Serqueira.

Comprobarán o estado de saúde dos pés, de tódolos usuarios da escola que o desexen. Analizarán a pisada e a marcha, con axuda dunha plataforma de presións, revisarán lesións musculares e óseas, e mirarán tamén o estado da pel e das uñas dos pacientes.

Se tes algunha molestia nos pés, este é o momento ideal para poder ser examinad@ polos profesionais adecuados. O podólogo, é un especialista sanitario cualificado para diagnosticar e tratar gran número de afeccións a nivel do pé e nocello.

Esperamos que vos poidades beneficiar desta iniciativa o máximo posible!

(para concretar hora da cita poñerse en contacto ca profesora Iria)