Danza
HORARIOS SEGUNDO O NIVEL
BALLET CLÁSICO
Sutil, fermoso, delicado, máxico… palabras que calquera de nos podería usar para definir esta arte en estado puro! A danza clásica vai moito máis aló do movemento, é unha forma de expresión de sentimentos e emocións. A través do ballet aprendemos unha linguaxe non verbal na que transformamos o esforzo en gracia.
En Perla de Arousa poderás gozar do sistema de formación da prestixiosa organización de danza Royal Academy of Dance. Ofrecemos a posibilidade de que os alumnos se presenten a exame e obter así unha titulación recoñecida internacionalmente. Os nenos experimentarán o pracer do movemento, mentres disciplinan corpo e mente e alimentan o espírito.
BALLET GALEGO
Partindo do legado do extinto Ballet Galego Rey de Viana, xuntamos o noso baile tradicional coa técnica clásica do ballet para ofrecer unha expresión única do folclore galego onde as lendas e tradicións se converten en movemento.
Os alumnos mais veteranos da escola conforman o Ballet Perla de Arousa que a día de hoxe conta cunha enorme traxectoria nacional (Madrid, Tenerife, Toledo, Ceuta…) e internacional (Nova York, Portugal, Francia…), e con recoñecementos coma o Premio César Dios “Diosiño” (Premio Cultural da Deputación de Pontevedra, 2009).
Como amantes da nosa cultura, Perla de Arousa segue a esparexer o carácter galego en forma de danzas cheas de cor e vida.